luns, 24 de abril de 2017

Maratón de lectura

Xa podedes ver o video do primeiro maratón de lectura levado a cabo na nosa nova biblioteca Ánxela Loureiro.
Se queredes ir directamente ao voso grupo de clase, déixovos a relación  dos tempos nos que empeza a lectura de cada curso:
Infantil.- Ao principio do video preséntannos os seus contos favoritos.
.- "Onde estás caracol?" ( 16:45)
.- "Axente Riciños" (23:58)
.- "O bigote de Mimí" (35:45)
4º A.- "O soño do Merlo Branco" (52:04)
"O pitiño busca un amigo" (59:01)
4º B.- "Cámbiache o conto" (1:02:09)
.- "Druídas" (1:10:25)
6º A.- "O segredo da Illa Negra" (1:22:39)
6º B.- "Formigas. Misión Barcelona" (1:27:53)


venres, 21 de abril de 2017

Celebración do "Día do libro"

Coma todos os venres tivemos o noso apadriñamento lector, pero o de hoxe foi especial xa que está moi próximo o Día do Libro.
Saímos todas as parellas a ler ao xardín dos valores e aí puidemos disfrutar tod@s xunt@s dun marabilloso día cheo de moitas aventuras literarias.



En breve, tamén poderedes ver aquí o vídeo correspondente á outra actividade desenvolvida por tod@s para a nosa particular celebración do Día do libro.
"Maratón de lectura 2017"

martes, 21 de marzo de 2017

Inauguración Biblioteca Ánxela Loureiro

     Despois de varios meses de traballo, por fin chegou o gran día.....
      Inauguramos a nosa nova biblioteca!!!!E fixémolo cunha madriña de excepción: Ánxela Loureiro, que será a partir de hoxe o nome da Biblioteca.


Foi unha xornada chea de poesía, música e cancións, xa que fixemos coincidir a inauguración co día mundial da poesía.
Aitana, Esther, Marcos e Nerea de 6º recitaron dous poemas de Ánxela: "A buxaina" e "Ris Pun Chis", que logo cantamos todos xuntos acompañados por Jesús e Ánxela.



Tamén xogamos ás adiviñas cantando....




Un grupo de nenos e nenas de 4º déronnos a coñecer a Gloria Fuertes, outra poeta da que celebramos este ano o seu centenario. Recitaron os poemas: "La cara de doña Sara" y "Cómo se dibuja una bruja"

Resultado de imaxes para gloria fuertes

Aquí podedes ver canto disfrutamos desta xornada



domingo, 18 de decembro de 2016

Visita de Antonio García Teijeiro


Resultado de imaxes para poemar o mar

Os nenos e nenas de 3º e 4º tivemos a gran sorte de que viñera a visitarnos ao noso colexio, o escritor Antonio García Teijeiro.
Disfrutamos moito lendo o seu libro de poesía: "Poemar o mar", pero mellor o pasamos lendo os poemas na súa compaña.
Antonio García Teijeiro esperteou en nós un gusto maior pola poesía, tanto que seguimos recitando os seus poemas antes de entrar en clase nas nosas "Mañás literarias".




sábado, 5 de novembro de 2016

Contos a carón do lume 2016

Comezamos as actividades deste novo curso co noso clásico de "Contos a carón do lume", participando así na celebración do Magosto-Samaín.
Este ano contamos coa compaña duns contadores especiais: o tío Miseria e a señora Maruxa.
O tío Miseria contoulle a súa vida aos nenos e nenas de primaria, e Maruxa estivo co alumnado de infantil cantando e relatándolles a historia dunha cabaciña que non paraba de correr.
Imaxe relacionada                  Resultado de imaxes para corre corre cabaciña




sábado, 30 de abril de 2016

As familias CONTAN

O pasado 26 de abril tivemos a nosa particular celebración do día do libro coa actividade "As familias CONTAN".
Disfrutamos das animadas lecturas de pais, nais, avós e avoas de diferentes alumnos e alumnas do colexio. Contamos tamén cuns invitados especiais: mestres e mestras do país de Gales e Polonia que quixeron ver como participan as familias na vida do noso centro.
Motísimas grazas pola vosa colaboración!!!